COUSAS DA NENEZ (IMPACIENCIA)
Penso que a aficción de estar entre pitiños e galiñas tívena sempre :Unha veciña dos meus avós tiña unha galiña choca e eu estaba impaciente por ver nacer os pitiños, e ocorréuseme a feliz idea de ir cascando os ovos un tras outro,pero os pitos non aparecían,que vos vou contar..., a paliza que levei chegoume a bondo,e aínda levaria máis se non me escapase polas viñas arriba. Ata que o persoal estivo calmado non voltei para casa,escoitaba berros dicindo o meu nome,e expresións coma estas"ven eiqui que non che vamos pegar máis,"ven que che botamos un pouco de augardente nas pernas".Augardente ,todo se remediaba con augardente,iso sería o último que necesitaban as miñas pernas despois de ser aporreadas con verdascas verdes...