FOTOGRAFÍAS GRATIS FOTOGRAFÍAS GRATIS FOTOGRAFÍAS GRATIS FOTOGRAFÍAS GRATIS

viernes, 21 de marzo de 2008

CARREXANDO AUGA



Fai alghúns anos, a auga non chegaba ata as casas. Carrexábase dende as fontes en baldes. Na casa enchíase a palangana para lavarse, o resto quedaba no balde. Cando a casa quedaba lonxe da fonte, as viaxes multiplicábanse ata encher os cántaros e outros recipientes. Carrexar auga era unha das tarefas da protagonista da nosa historia.




María, que así se chamaba, era unha cativa de catro anos, tódolos días carrexaba a auga dende a fonte ata a casa, tiña que encher tódolos achinfánfanos que estaban valeiros: cántaros, palanganas, baldes....día tras día controlaba que todo estivese cheo. Non era fácil, o camiño ata fonte pronto o facía, pero a volta era algo máis penosa. Poñia os baldes no caño da fonte, unha vez cheos, baixaba primeiro un e despois o outro, con tino para non verter a auga. As paradas ata chegar a casa eran moitas, os surcos das asas debuxábanse nas súas mans, os pes enchiánselle de auga, e os baldes chegaban medio baleiros. Xogar estaba prohibido, tan só traballar, traballar e traballar... , pero María era unha nena, e coma tódolos nenos quería xogar, así que de cando en vez, se non a vía ninguén, corría cara o prado e votàbase os borquillóns pola herba, freando tan só no precipicio, e non paraba ata que estaba preto da fervenza.

Ampliar-------------->CLIC
-Ampliar-------->CLIC










0 comentarios:

 

Suscribirse a wwwecologico

 

 

 

Pon aquí tu email:

Entradas populares

  © Blogger templates The Professional Template by Ourblogtemplates.com 2008

Back to TOP